Tuesday 28 April 2020

A Day in My Life During Quarantine

Hello, everyone!
Here’s a video of my typical day during quarantine.  Watch the video and leave me a comment and tell me something about your day.

Monday 27 April 2020

4º CURSO- UNIT 1- HELLO AGAIN, BUGS

The Bugs are back to help you work and play.


Como creo que a maioria de vós non tedes o libro na casa, déixovos a letra da canción para que a poidades cantar mentres vedes o seguinte vídeo:



Agora repasa school subjects con Spike e Gracie no seguinte vídeo:


Enjoy the activities!
Esta semana non hai que enviar tarefas de inglés.




3º CURSO- UNIT 1-LESSON 2

Repasamos o vocabulario do tema 1: School objects. Trata de adiviñar o que esconde a tarxeta de Colin
 Seguimos xogando a adiviñar:

 

Enjoy the activities!
Esta semana non hai que enviar tarefas de inglés.

2º CURSO. UNIT 1-LESSON 2

Fun with Lucy. Imos repasar algúns obxectos da clase. Podes adiviñar antes de que Lucy remate o debuxo?


E agora imos axudar a Lucy a contar: How many...? Cantos...?


Espero que vos resulten entretidos.
Enjoy the activities!
Esta semana non hai que enviar tarefas de inglés.
Ata pronto!

1º CURSO. UNIT 1- LESSON 2

Revisamos os nomes dos bichos en inglés con Colin? Trata de adiviñar antes de que remate o debuxo


Agora imos contar...repasa os números. Qué podes ver? I CAN SEE ...


Espero que vos resulten divertidos.
Enjoy the activities!
Esta semana non hai que enviar tarefas de inglés.
Ata pronto!

5º CURSO. UNIT 1-LESSON 2

Meet the crazy Bugs. Watch the video and answer to the questions at the end.



Enjoy the activities!
Esta semana non hai que enviar tarefas de inglés.


6º CURSO- UNIT 1-LESSON 2

Watch the video and sing the song.

Now listen to the descriptions. What do you usually wear...?

Enjoy the activities!
Esta semana non hai que enviar tarefas de inglés.

ACTIVIDADES SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Esta semana vai ser un pouco máis curta, pois o venres 1 de maio é festivo e como tedes unha proposta de actividade común (Os maios), dende a clase de inglés non teredes tarefas para enviar, aínda que si vos vou deixar cousiñas novas nos apartados de cada curso (vídeos, xogos,...), para que vaiades repasando.

Espero que todos os que poidades participedes deste proxecto común que se vos plantexa dende a páxina web do centro. Alí tedes todas as instruccións sobre como facelo. Esta vez é moito máis sinxelo, pois agora que temos o whatssap do cole, solo hai que facer a foto ou vídeo e enviala dende o teléfono móbil, Non tedes que escribir nada máis, solo enviar ao seguinte número: 
           
635 111 989
Enlace á web:

LEMBRADE QUE ESTE NÚMERO SOLO É PARA ESTE TIPO DE ACTIVIDADES, NON PARA ENVIAR OS DEBERES!


Seguide moi atentos ao blog...creo que hai alguén que ten unha sorpresiña para vós ao longo desta semana.

Enjoy!

Friday 24 April 2020

SOLUCIÓNS AS ACTIVIDADES 24 DE ABRIL

Ainda que as tarefas dalgúns cursos xa están correxidas vía e-mail, deixovos os enlaces a algúns documentos PDF para que as revisedes vós mesmos.

4º curso: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bugs%20world4-Unit1-worksheet-checked.pdf


5º cursohttps://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bugs%20world5-Unit1-worksheet-checked.pdf

6º curso:  O traballo de 6º era un vídeo, foto ou debuxo cunha descripción do que levaban posto. De momento só subo o de Ana porque foi quen me dou autorización expresa para facelo. Os demáis, se queredes que os publique, por favor confirmádemo no e-mail. 



Antía Cores-6º E.P.

Monday 20 April 2020

ACTIVIDADES SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Comenzamos unha semana máis de traballo virtual. Como en anteriores ocasións, cada curso debe acceder á sua lapela na cabeceira do blog.

Como seguramente moitos de vós estades preparando a actividade proposta pola biblioteca, da que vos informaron os vosos titores, para o día do Libro o vindeiro 23 de abril, as tarefas de inglés van ser un pouco máis lixeiras esta semana para non sobrecargarvos de traballo.

Lembrade que o curso escolar non rematou e as tarefas deben realizarse e enviarse como se estivesemos na escola, salvo en casos de forza maior que me comuniquedes, para o que teríamos que buscar outro sistema. Haberá un rexistro e unha avaliación do voso traballo.

As familias tedes unha parte moi importante de responsabilidade neste momento, xa que a maioría dos nenos non son quen de facer o envío por si mesmos, aspecto que tamén temos en conta o profesorado. Queremos facilitarvos ó máximo este acompañamento aos vosos fillos e o noso alumnado, nesta situación que non é fácil nin cómoda para ninguén, pero debemos afrontar coa mellor vontade.

Volvo insistir unha vez máis: poñede, por favor, SEMPRE no asunto nome e curso (non poñades: tarefas de inglés, actividades, deberes, ...). O alumnado de toda primaria son 68 alumn@s de seis cursos diferentes e na caixa de correos van chegando todos mesturados e sen un orde concreto.É un xesto moi sinxelo pola vosa parte e a min facilitame enormemente a organización. GRAZAS.

Un saúdo.

2º CURSO. REVISION UNIT 1:LUCY´S NEW PENCIL CASE



Neste tema aprendemos o nome dalgúns obxectos de clase. Lémbralos todos? 

Colle o teu CD de stories and songs e comenzamos coa canción.


Non gardes o CD. Agora escoitamos a historia: "Lucy´s new pencil case":

E para rematar, repasamos o vocabulario coas flashcards. Podes repasalas todas, coma sempre.

https://advantage.macmillan.es/fs/files/5c78f18bc9ce3127245708.pdf

Tarefa opcional: Para os que non teñan posibilidades de empregar un ordenador, pero sí acceder ao blog e imprimir (como me comunicáchedes por e-mail algún de vós).
Tamén o poden facer como ampliación os que queiran.


3º CURSO. REVISION UNIT 1: ARCHIE´S PET

Comenzamos coa revisión do tema 1, no que ademáis de repasar vocabulario relacionado con obxectos da clase, tamén aprendemos a describir algúns animais de compañía (pets) . Collede o CD de stories and songs e buscade a canción para repasar school objects.



Non gardedes o CD aínda porque agora imos escoitar a historia de Archie e a súa mascota: "Archie´s pet"

Read and translate the story.

Creo que case todos tedes os libros na casa, así que tamén o podedes seguir polo libro e revisar o activity book.


6º CURSO: REVISION UNIT 1: THE BUGS BAND CONCERT

Comenzamos coa revisión do tema 1. Como os de 6º  tedes os libros na casa, podemos avanzar moito máis rápido no repaso dos temas estudados nos dous primeiros trimestres e despois podemos profundizar nos aspectos gramaticais que ides ter que dominar en secundaria: pronomes, tempos verbais, comparativos, ... conceptos que xa coñecedes do curso pasado.

Así que imos revisar o vocabulario e a gramática do tema 1: clothes and frequency adverbs



Now, read and translate the story ( you don´t have to write it)
Os que teñades posibilidade, acompañade a lectura co CD Stories and songs.


Activity- Tedes varias opcións (a elexir) según as vosas posibilidades:


Option 1: Vídeo- graba un vídeo (yourself, mum, dad, sister, brother, grandma, teddy bear, ...) e describe o que levas ou levan posto. Con imaxinación pode ser moi divertido!

Example:  This is my dad, he´s wearing tights, shorts, a t-shirt, a hat and sunglasses!!!
                   
Option 2: Photo. O mesmo que o anterior pero cunha foto e acompañado dunha decripción por escrito.

Option 3: Drawing. O mesmo que as anteriores, pero podes facer un debuxo nun folio ou na libreta e enviar a foto (coa descripción por escrito)

Despois, se me dades permiso, podemos publicalas no blog para que vos vexades uns aos outros.

Sunday 19 April 2020

4º CURSO- REVISION UNIT 1: THE MAGIC SPELL

Comenzamos co tema 1 repasando vocabulario relacionado coa escola (school subjects)
Collede o CD de stories and songs e comenzamos cantando a canción:


Non gardedes os CD. agora imos escoitar a historia na que Lizzy e Dizzy trataban de enganar ao profesor... lembrades como remata?

Now read and translate the story. (Non é necesario que a escribas)

Photocopiable worksheet: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw4_u1_grammar.pdf

5º CURSO- REVISION UNIT 1: POP COMPETITION

Neste primeiro tema, ademáis de coñecer aos persoaxes que nos van acompañar en 5º e 6º , The Bugs Band, no apartado de vocabulario  aprendemos  os nomes dalgúns instrumentos e tamén a falar sobre as nosas habilidades e aptitudes musicais.
En canto a grammar:  present simple :"s" na 3ª persoa de singular: She plays the piano very well
                                                             forma interrogativa (auxiliares DO-DOES)



Now, listen to the story (CD stories and songs):


Photocopiable worksheet: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw5_u1_grammar_recycled.pdf







1º CURSO-REVISION UNIT 1: "HIDE AND SEEK"

Lembrades que no primeiro tema coñecimos aos personaxes que nos acompañaron durante todo o curso? Os Bugs, un grupiño de bichos cos que cantamos e bailamos tódolos días para comenzar a clase de inglés...
Hello Colin... , hello, hello! 
 No teu CD de stories and songs está esta canción. Anímaste a cantala? e a bailala?

Non gardes o CD, agora imos escoitar a historia onde os persoaxes xogaban ao escondite, pero falta alguén...  


E para rematar, tedes que facer o repaso das tarxetas:


Hoxe tocan solo as seis primeiras palabras, pero se queredes podedes seguir ata onde saibades.

Queda toda unha semana por diante! Non tedes que enviar nada, solo escoitar, repetir, cantar e bailar! Esa é a vosa tarefa.

Ata pronto!

Friday 17 April 2020

COMENZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE

Seguindo as recomendacións da Consellería de Educación e á espera de instruccións máis concretas, o terceiro trimestre adicarémolo a repasar e reforzar todo o aprendido ata o momento. Isto é algo que solemos facer cada ano, ao chegar o mes de xuño, pero neste final de curso "especial" que nos está tocando vivir, imos adiantalo ao mes de abril. Seguro que vai ser de proveito se todos participamos nas tarefas propostas.

Pola miña parte, tratarei de presentar actividades lúdicas e baseadas en aspectos xa vistos na aula, polo que vos vai resultar moi fácil. O ensino dunha lingua inclúe varias destrezas: escoitar, comprender, ler, escribir, falar polo que faremos actividades variadas, onde primará o audiovisual,  para tratar de avanzar en todos estes aspectos (listening, reading, writing, speaking)

En canto ao envío de traballos, reduciranse ao mínimo e ofrecereranse mecanismos de autocorrección ou actividades on line. O e-mail estará igualmente á vosa disposición para dúbidas ou o envío voluntario de calquera tarefa, fotos, videos, ....

Pídovos ás familias que se existen circunstancias particulares que vos impidan seguir as ensinanzas por este método a distancia, mo fagades sabes a través do e-mail costa@edu.xunta.es, para buscar algunha solución e que os vosos fillos non queden descolgados do ensino. É moi difícil programar adecuadamente actividades para 68 alumnos de distintos niveis sen coñecer as circunstancias de cada un.

Así que a primeira tarefa do trimestre será que TODOS me enviedes un e-mail de saúdo; por favor, co voso NOME E CURSO NO ASUNTO e un par de frases de información das vosas situacións persoais en canto as posibilidades de seguimento das clases. Se pode ser, facedeo antes do luns para poder comenzar coas actividades.

Exemplo:

Para: costa@edu.xunta.es
Asunto: Hello! Pepito Pérez- 4º curso.


- Bo día, na casa non temos internet, polo que nos é imposible seguir as clases.
- Non temos ordenador.
- Non temos ningún problema en seguir as tarefas a través do blog e envialas ao e-mail.
- Podemos contestar dende o móbil pero non sei como enviar as tarefas...
ou calquera outra dúbida, suxerencia, preocupación,...que vos parezca importante.

A partir desta información irei contestando un a un, para poder atender de forma individualizada a cada alumno do mellor xeito posible.

Tamén preciso que me confirmedes que todos tedes os dous discos que acompañaban os libros de texto: "stories and songs" e "CD-ROM " de xogos interactivos, pois serán moi útiles nesta situación, xa que as carpetas de inglés quedaron na clase.

Un saúdo.
Begoña.

Tuesday 14 April 2020

DON´T GIVE UP! (NON TE RENDAS) WE MISS YOU!

Os mestres e mestras do cole fixemos este vídeo de ánimo, pensando en todos vos! DON´T GIVE UP, EVERYTHING IS GOING TO BE RIGHT!

Sunday 12 April 2020

HAPPY EASTER! HAPPY MOMENTS...

Tal día coma hoxe, hai exactamente un ano, o 12 de abril de 2019, estabamos no patio na busca dos ovos de Pascua (Easter egg hunt), unha tradición moi británica. Lembrades?

Se premes no seguinte enlace verás e escoitarás algo máis. Hai varios vídeos curtos (retrocede coa frecha, unha vez dentro, para ver todo o xogo dende o principio, cando Haylee vos da as primeiras instruccións na aula):
https://photos.google.com/share/AF1QipMsflz_8Gs06KV1nleG8McCI0dSlqeYrbcJlKIUA8zJN9Prd5pUJx_I2ptlgqx7Mw/photo/AF1QipNA8OUWj3FVZRUgq6l8G_-cFPjZrhZSs8ansagM?key=R0d6Zl9zUDdIU2doUDNtWTcxVllDenJNNHdIRWxR

Monday 6 April 2020

STORY TELLING

Ao comenzar as vacacións de Semana Santa  (Easter Holidays), aproveito para crear unha nova sección no blog, para que ninguén se aburra! STORY CORNER : son contos que a maioría de vós coñecedes e van acompañados, nalgúns casos, por unha ficha para quen a queira facer. Aquí vos deixo o primeiro dos títulos que de seguro vos soa:

"THE GRUFFALO".

The Gruffalo-PDF: https://drive.google.com/file/d/1pveiGuTR3LNC54EX3IWkyQvGHjoCK6L-/view?usp=sharing

Mañán máis.
See you tomorrow!

"PEACE, AT LAST!"

PDF para descargar:https://drive.google.com/file/d/1VQbaSRVHmp50t8wsKJgECl84POhYfgAU/view?usp=sharing

"MONKEY PUZZLE "

 

 WORKSHEET PDF: https://www.macmillaneducation.es/wp-content/uploads/2020/04/Monkey_puzzle-Worksheet.pdf


"THE MOON IS IN THE RIVER"