Friday, 13 March 2020

ACTIVIDADES PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS (POR CURSOS)

Debido á necesidade de pechar os centros escolares como medida contención da pandemia do COVID19, ordenada pola Consellería de educación, recoméndase a realización dende a casa de algunhas actividades neste período de 14 días, para non esquecer o aprendido nos últimos meses.

De xeito xeral, para todos os cursos de 1º a 6º de E.P.:
Práctica dos xogos interactivos do CD-ROM, que todos deben ter na casa, para repaso das unidades estudadas ata o momento, do seu libro de texto BUGS WORLD.
No caso de que algún alumno non o teña, tamén poden acceder nos seguintes enlaces:


Podedes repasar o vocabulario, como facedes tódolos días na clase. Xa sabedes, tedes 1 minuto para 40 palabras (hai que chegar a parrot):


Podedes repasar o vocabulario, como facedes tódolos días na clase. Xa sabedes, tedes 1 minuto para 34  palabras (hai que chegar a Felix the cat): :


Se á volta queredes representar o role play At the restaurant, ide practicando. Na barra esquerda deste blog hai varias entradas con este nome



Se á volta queredes representar o role play Shopping, ide practicando. Na barra esquerda deste blog hai varias entradas con este nome



Estabamos a falar de animais "The amazing pet". Podes visitar o zoo de San Diego e aprender moito sobre distintos animais: size, food, habitat,...(click on the picture)



No tema que estamos a rematar temos información sobre as escolas no Reino Unido (Schools in the U.K)



Aquí tedes o enlace que me facilitou a editorial Macmillan, coa que traballamos en primaria. Os pais ou titores solo tedes que escribir un email e un contrasinal para entran. Hay moitísimos recursos moi interesantes:


Para 1º e 2º: Na barra esquerda tedes algúns contos (TALES), xogos (GAMES) e cacións (SONGS) para repasar vocabulario e facer traballar o oído.
Para 3º, 4º, 5º e 6º: Tedes un apartado (GRAMMAR AND RESOURCES) onde atoparedes actividades e xogos interactivos básicos, que non está de máis repasar: pronouns, to be, have got, there is/are, Question words ...

IMPORTANTE: Se tedes algunha dúbida, tanto alumnado como familias, podedes preguntarme no apartado de comentarios deste blog, que revisarei e contestarei diariamente. Cando escribades decide, por favor, nome e curso do alumn@ para saber con quen estou a falar.
Un saudiño e ánimo! Xa queda menos!
The teacher






4 comments:

  1. Aquí é onde podedes deixar as vosas dúbidas ou comentarios que tratarei de resolver o máis axiña posible. Escribides nesta caixa e despois en COMENTAR COMO elexides a opción NOME/URL , onde poñedes o nome d@ alumn@ e o curso e para rematar PUBLICAR. Espero os vosos comentarios.

    ReplyDelete
  2. Hello teacher:
    Hola profe son Ana de 6º.
    Era por se poderíasme recomendar algunha tarefa?
    Un texto para traducir ou algo polo estilo , o que ti vexas necesario que pratique.
    Grazas polo video
    Unha aperta.

    ReplyDelete
    Replies
    1. Hello Ana, I´m so happy to hear about you! I miss you all!
      No CD-ROM tedes as actividades de repaso de todo o que levamos dado, pero sería moi interesante que practicaras os exercicios sobre os pronomes, verbos to be, have got,... Tes os enlaces na barra da esquerda que, ademáis de explicar a teoría, ten moitas actividades interactivas para que as poidas autocorrexir.
      Outra proposta é que escribas un diario ao final do día empregando os verbos en pasado. Estes días engadirei a listaxe dos verbos irregulares neste blog.
      Para calquera outra dúbida ou aclaración podes mandarme un e-mail a costa@edu.xunta.es, así se queres que che corrixa os teus escritos podes facer unha foto e adxuntala.
      En breve darei máis instruccións para tódolos cursos. Estade atentos!
      BIG HUG!
      Teacher.

      Delete
    2. Por certo, se visitas o blog da biblioteca de Mouchán creo que alguén deixou unha mensaxe para ti e para Carla.

      Delete