Friday 25 December 2020

MELE KALIKIMAKA

Merry Christmas from Hawaii! On the beach!



Friday 9 October 2020

1º UNIT 5: THE ENORMOUS SANDWICH (O sandwich enorme)

Hello again! 

Imos comenzar un novo tema: "The enormous sandwich," onde aprenderemos os nomes dalgunhas comidas

 - Revisamosr os nomes das comidas: TOMATO, CHEESE, LETTUCE, EGGS, CHICKEN and HAM. 

Xa sabedes que en inglés se le de xeito diferente a como se escribe, así que para iso váivos axudar Collin no seguinte vídeo. (Podes velo varias veces ata que aprendas as palabras. Son moi fáciles.)

"Making a sandwich"

"Tom loves apples"


Para calquera dúbida, xa sabedes onde estou.


4º CURSO- UNIT 5: THE CONCERT ( THE TOWN-PREPOSITIONS OF PLACE)





Agora repasamos as preposicións:


3º UNIT 5: YES, I CAN





NUMBERS 1-50




5º- UNIT 5: The queen´s crown. Directions

DIRECTIONS



Comproba que sabes como indicar unha dirección. Emprega frechas para unir:

Giving Directions, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com


Giving Directions, una ficha interactiva de elharal
liveworksheets.com

2º- UNIT 5: CROCODILE TEARS (Lágrimas de cocodrilo)


Hello again! 
Imos comenzar un novo tema: "Crocodile tears," onde aprenderemos os nomes dalgunhas partes do corpo (body). Algunhas xa as coñecedes.


 - Lembramos os nomes das partes do corpo:  HEAD, EARS, TOOTH, NECK, TUMMY, BACK 

Xa sabedes que en inglés se le de xeito diferente a como se escribe, así que para iso váivos axudar  a canción do voso CD (stories ans songs) do tema 5.

"I´m a clever crocodile" (Son un crocodilo listo)












CURSO 2020-2021

 Neste novo curso seguirei engadindo contidos ao blog, ainda que se traballará tamén dende a aula virtual do centro, con acceso dende a páxina web. Os vosos titores encargaránse de explicarvos cómo acceder  e traballar dende alí cando chegue o momento.

Dende o blog de inglés, o sistema de acceso aos distintos cursos segue a ser o mesmo que xa coñecedes, entrando nas distintas lapelas.

En caso de dúbidas podedes seguir a empregar o meu correo electrónico.

Thursday 18 June 2020

REMATAMOS O CURSO. End of the school year. Enjoy the summer!

Estamos na última xornada do curso 2019-2020 que rematará mañá venres, 19 de xuño.
Un final de curso diferente ao que coñecíamos ata agora e que ningún de nós tiñamos vivido antes. Unha nova experiencia que nos aportou a todos novas aprendizaxes, diferente xeito de traballar, de relacionarnos e comunicarnos e tamén de ver a realidade, valorando todo aquelo do que desfrutabamos sen sabelo e que botamos en falta cando desapareceu do noso día a día, de repente: amigos, familiares, paseos... e seguramente tamén a escola.

Todos fixemos un esforzo enorme por adaptarnos á nova situación sen ter nada preparado, nin ensaiado e cos medios persoais que cada un puido aportar (familias e mestres, dende o confinamento). Creo que o resultado non foi tan mal, ainda que fose complicado e confuso para todos nun principio, polo que quero felicitar ás familias que realizaron un esforzo todo este tempo, acompañando aos vosos fillos neste proceso.

Esperamos unha volta ás aulas en setembro coa maior normalidade que nos sexa posible, ainda que con todas as medidas de seguridade para protexer a saúde de todos. Será diferente á escola que deixamos o día 13 de marzo, pero unha vez máis adaptarémonos e desfrutaremos da "nova normalidade".


SUMMER HOMEWORK:  

PLAY, SING, DANCE, SWIM, RUN, WALK, JUMP, SMILE, LAUGH... BE HAPPY AND ENJOY!

Desfrutade das vacacións de verán!
Enjoy the summer"
Big hug
Teacher

Sunday 14 June 2020

ÚLTIMAS ACTIVIDADES E SUXERENCIAS PARA O VERÁN

Estamos rematando e, como na pasada semana, xa non vos pido envío de tarefas (o que queirades enviar será voluntario).
Déixovos, de cara ao verán, algúns enlaces interesantes para o repaso de inglés nos distintos niveis. Os máis pequenos, elexide os que son básicamente de escoitar.

Premede para acceder e vós mesmos poderedes autocorrexir ao rematar o exercicio:

VOCABULARY:
https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=COLOURS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=numbers

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=body

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=animals

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=clothes

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=food

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=WEATHER

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=JOBS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=Daily+routines

GRAMMAR

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=TO+BE

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=PERSONAL+PRONOUNS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=THERE+IS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=simple+present

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=SIMPLE+PAST

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=the+time

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=comparatives

LISTENING (PRACTICA A COMPRENSIÓN ORAL)

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=listening




Summer - multiple choice, an interactive worksheet by mada_1
liveworksheets.com
Non deixedes de visitar o blog!


Sunday 7 June 2020

ACTIVIDADES SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Xa solo quedan dúas semanas para rematar o curso e temos traballado e repasado unha boa parte dos contidos previstos. Os temas que quedaron sen ver retomarémolos o vindeiro curso, así que seguide a gardar os activity book, CD-ROM, cadernos e todo o material deste curso, porque serán necesarios en setembro.

A partir desta semana seguirei deixando actividades ou vídeos para repasar no blog, pero xa non teredes que enviar tarefas (excepto os que tedes algo pendente de envío).

Se alguén ten dúbidas é o momento de plantexalas ou se me queredes enviar algún traballo voluntario (Vídeo, descripción, diario da cuarentena, ....) podedes facelo. Tamén podedes acceder ás lapelas dos outros cursos e ver os vídeos, facer os xogos, repetir palabras, frases...

O alumnado de 6º podedes rematar os "booklets" de gramática. Tedes a explicación ao principio de cada novo tema e poderedes plantexarme as dúbidas que xurdan. Será un bo repaso de cara ao próximo comenzo de curso no instituto.

Ánimo que rematamos!

1º CURSO-SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Rematamos o tema 3 co repaso dos vídeos que vos deixo a continuación:

PARTS OF THE BODY- Conta as partes do corpo dos monstros:


NUMBERS- Repite os números con Collin



    Esta semana NON HAI TAREFA para enviar



2º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Rematamos o tema 3 co repaso do vocabulario e expresións dos vídeos que vos deixo a continuación:

NÚMEROS 10-20-Repite con Lucy

I'm going to the playground.

Esta semana NON HAI TAREFA PARA ENVIAR

3º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Rematamos o tema 3 . Déixovos uns vídeos para repasar:



Esta semana NON HAI TAREFA PARA ENVIAR

4º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO.

Rematamos o tema 3 repasando co vídeo que vos deixo a continuación. What are you doing?


Esta semana NON hai tarefa para enviar
Podes seguir traballando co CD-ROM

5º CURSO:SEMANA 8 A 12 DE XUÑO


Rematamos o repaso do tema 3 co seguinte vídeo: Adventure holiday!

Esta semana NON hai tarefa para enviar
Podedes seguir repasando co CD-ROM

6º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO


Rematamos o repaso do tema 3 co seguinte vídeo: What do you want to be?

Esta semana NON hai tarefa para enviar
Podedes seguir repasando co CD-ROM

Friday 5 June 2020

SOLUCIONARIO ÁS ACTIVIDADES DO 1 AO 5 DE XUÑO

Esta semana de 1º a 4º tivestes que enviarme vídeos para que puidera escoitar como vai ese inglés oral. Gustoume moito vervos e escoitarvos e teño que dicir que case todos me sorprendestes porque soaba moi ben.  Moi bo traballo, nen@s!

Os cursos 5º e 6º tivestes repaso con worksheets que podedes correxir no enlace que vos deixo a continuación. Volvo insistir en que debedes repasar os cadros de gramática a ler todo o que vos escribo no blog, antes de lanzarvos a polas tarefas sen máis.

5º curso:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/BW5-U3-ex_001CHECKED_0.pdf

6º curso:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/BW6-U3-ex_001-CHECKED_0.pdf

Sunday 31 May 2020

ACTIVIDADES SEMANA 1 A 5 DE XUÑO

Comenzamos o mes de xuño, a recta final do curso e o último tema de repaso.
Nas lapelas de cada curso tedes o material para a revisión de conceptos: historias (para escoitar co CD), vídeos e cadros de gramática para lembrar aspectos importantes da lingua inglesa. A continuación podedes acceder á descarga da ficha (os que a teñades).
Os que tedes tarefas atrasadas, espero que as vaiades enviando ao longo desta semana. Procurade ser puntuais no envío. Non o deixedes todos para o venres á tarde.

1º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 1 A 5 DE XUÑO

Comenzamos o repaso do tema 3. "TOUCH YOUR TOES" 

Neste tema aprendemos as partes do corpo e os números ata o dez.




A tarefa desta semana consiste en traballar o vocabulario das partes do corpo con Colin.  Xa  vin as fichas escritas e agora preciso comprobar como vai a parte oral, por tanto teredes que enviarme un pequeno vídeo para que eu escoite como o estades facendo.

SE É POSIBLE, MELLOR SUBÍDEO A DRIVE E ENVIADEME O ENLACE; SE NON ADXUNTADEO NO CORREO COMO SEMPRE.

3º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 1 A 5 DE XUÑO

Comenzamos Unit 3: What´s the matter, tiger? Animal description, parts of the body


LEARN WITH SPIKE AND GRACIE: Trata de ir facendo a descripción antes de descubrir o animal.


A tarefa desta semana consiste en traballar a descripción de animais con Gracie.  Xa  vin as fichas escritas e agora preciso comprobar como vai a parte oral, por tanto teredes que enviarme un pequeno vídeo para que eu escoite como o estades facendo.

SE É POSIBLE, MELLOR SUBÍDEO A DRIVE E ENVIADEME O ENLACE; SE NON, ADXUNTADEO NO CORREO COMO SEMPRE.


4º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 1 A 5 DE XUÑO


Comenzamos o tema 3: "A VERY SPECIAL DAY"

Repasamos:  parts of the house, family and actions






A tarefa desta semana consiste en traballar actions (what are you doing? ) e pedir que fagan algo por nos: Can you open the window, please? Deixo á vosa elección o xeito de facelo. Tedes que enviarme un pequeno vídeo para que eu vexa como o estades facendo

SE VOS É POSIBLE, MELLOR SUBÍDEO A DRIVE E ENVIADEME O ENLACE; SE NON, ADXUNTADEO AO E-MAIL COMA SEMPRE.

5º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 1 A 5 DE XUÑO

Comenzamos Unit 3: "Raft rescue" - Adventure camp activities. WHEN...? In. on, at
Escoita a historia co CD stories and songs:


 Lembra o uso das preposicións e repasa as horas


Tarefa para enviar: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw5_u3_mixedability_ex_0.pdf



6º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 1 A 5 DE XUÑO

Comenzamos o repaso do tema 3: "Artic base adventure" Jobs, Present simple
Escoita a historia co CD stories and songs:
 Lembra que o artigo (a, an) acompaña ás profesións, e os auxiliares (DO-DOES) do presente simple:

Tarefa para enviar:   

Saturday 30 May 2020

2º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 1 A 5 DE XUÑO

Comenzamos o tema 3: "THE MOON IS IN THE RIVER"
Neste tema repasamos os nomes dos animais e os números ata o 20

Lembrades a historia que representachedes na clase en que a lua estaba no río? e tódolos animais querían axudarlle a sair de alí ata que...




A tarefa desta semana consiste en traballar o vocabulario referido ós animais da granxa, con Lucy.  Xa  vin as fichas escritas e agora preciso comprobar como vai a parte oral, por tanto teredes que enviarme un pequeno vídeo para que eu escoite como o estades facendo.

SE É POSIBLE, MELLOR SUBÍDEO A DRIVE E ENVIADEME O ENLACE; SE NON ADXUNTADEO NO CORREO COMO SEMPRE.



Monday 25 May 2020

ACTIVIDADES SEMANA 25 A 29 DE MAIO

Hello again,

Esta semana todos imos rematar o tema 2, así que poñede moita atención ás actividades de repaso para que non quede ningunha dúbida e sigamos avanzando.

Accedede á lapela do voso curso e despois de ver os vídeos ou explicacións que vos deixo, facede as actividades onde pon: TAREFA PARA ENVIAR.

ATENCIÓN:  Nas últimas semanas, algúns de vós estades enviándolle as tarefas de inglés á profe Begoña de música, coa conseguinte carga de traballo para ela, pois ten que volver a enviarme a min os correos. Supoño que a confusión ven porque temos o mesmo nome.

Lembrade: e-mail de  inglés:     costa@edu.xunta.es

1º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 25 A 29 DE MAIO

Unit 2-  part II-TOYS

Lembrades esta visita dos nenos á tenda de xoguetes (TOY SHOP) para elixir os seus regalos de aniversario? e qué xoguete elexía cada un dos irmáns? Escríbeo nun papel, a ver se o adiviñas antes de ver o vídeo.

Esta semana NON HAI TAREFA PARA ENVIAR, pero sí que debedes traballar igual algunha actividade de inglés, así que aquí vos deixo dous vídeos con Colin onde vos axuda a repasar os nomes dos xoguetes, as cores e algunhas accións coma : salta, da voltas, pecha os ollos, ...



2º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 25 A 29 DE MAIO


UNIT 2 - PART II

LET'S PLAY FOOTBALL

Repasamos as cores coa canción: "Computer colours song"

Contéstalle a Lucy: What colour is it?


Se traballastes ben os exercicos anteriores, ESTA SEMANA NON HAI TAREFA PARA ENVIAR

3º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 25 A 29 DE MAIO

UNIT 2- PART II

Lembrades a festa de Halloween e qué levaban posto cada un dos invitados?

E a visita ao parque de atraccións con "auntie" Annie? What's she wearing?






4º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 25 A 29 DE MAIO

UNIT 2- PART II

Watch the vídeo: I'm sorry, I´m busy!


Agora repasa con Spike e Gracie:


TAREFA PARA ENVIAR:  WORKSHEET MIXEDABILITY:


5º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 25 A 29 DE MAIO

UNIT 2- PART II

Watch the vídeo: Where are you from?

TAREFA PARA ENVIAR:  (WORKSHEET- MIXEDABILITY):6 PAGES





6º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 25 A 29 DE MAIO

UNIT 2- PART II

Watch the video: "The famous painting"

TAREFA PARA ENVIAR: WORKSHEET- MIXEDABILITY(6 PAGES):


Friday 22 May 2020

SOLUCIONARIO SEMANA 18 A 22 DE MAIO (TÓDOLOS CURSOS)

Esta semana o alumnado de 3º e 4º tiveron que enviar fotos ou videos coas súas descripcións do que levaban posto ou as actividades que estaban a facer. Algúns deles quixeron compartilo con todos no blog.

Os demáis cursos premede no enlace para acceder ás tarefas correxidas.

1º curso: 
 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/U2FASTFINISHERS1%C2%BACHECK_2.pdf


2º curso: 
 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/U2FASTFINISHERS2%C2%BA_001CHECK_1.pdf


3º curso: I´m wearing...












Good job! Hugo, Estela, Uxía, Ylenia, Noa e Marta. Grazas por compartilo!


4º curso:     What are you doing? I´m playing cards











Good job! Manuel, Lucía, Iria e Rita. Grazas por compartilo!



5º curso
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/U2GRAMMAR5%C2%BA_CHECK_3.pdf


6º curso:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/U2GRAMMAR-6%C2%BACHECKED.pdf

Sunday 17 May 2020

ACTIVIDADES SEMANA 18 A 22 DE MAIO

HELLO!
Comenzamos esta semana o repaso dun novo tema en tódolos cursos: UNIT 2.

Seguimos a repasar os contidos do primeiro e segundo trimestre. Espero que vos estén resultando fáciles, pois xa non son novidade para vós.

Hai unha explicación ao comenzo da entrada para lembrar os contidos. POR FAVOR, non vaiades directamente á ficha que hai que descargar para facela antes de nada. Se eu tomo o meu tempo para seleccionar as imaxes, xogos interactivos e explicacións gramaticais, vós debedes facer o mesmo esforzo en ler todas as instruccións co mesmo coidado.

Lembrade que o sistema de traballo segue a ser o mesmo: publícanse as actividades semanais os luns para tódolos cursos e tedes toda a semana para ir enviando. Procurade ser puntuais e facer a entrega das tarefas o venres antes de que publique o solucionario, que retrasarei ao final do día para darvos un pouco máis de marxe.
Se alguén ten problema para entregalo en prazo por algunha razón, agradezo que o comuniquedes a través do e-mail.

Coma sempre, agora teredes que acceder ás lapelas do voso curso.

Have a nice week!

Teacher.

6º CURSO: ACTIVIDADES 18 A 22 DE MAIO

UNIT 2:WHAT A PAINTING!

Neste tema, ademáis de repasar o vocabulario referido a lugares que podemos atopar nunha cidade (zoo, church, funfair,square, market, palace, museum, art gallery, sports centre, tamén aprendemos a describir un pobo ou cidade dicindo o que hay ou non hai, empregando o verbo THERE IS (singular) / THERE ARE (plural) e as suas formas negativa e interrogativa. Podedes repasalo no seguinte cadro:

Revisamos antes o presente simple ("s" na terceira persoa)
E lembramos tamén que para decir a idade non empregamos o verbo "HAVE" se non o TO BE:
I am twelve years old (NON have!)


Na seguinte ficha interactiva podes practicar a gramática e despois correxíla ti mesm@ ao chegar ao final premendo en "TERMINADO" para ver os resultado. ESTA FICHA NON HAI QUE ENVIALA:


there is there are, una ficha interactiva de lmanuel2
liveworksheets.com


TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar a ficha:


Se NON  tes posibilidade de imprimir:   Accede á ficha e copiaa nun folio para envialo despois.
Seguide a traballar cos CD-ROMs de  BUGS WORLD 6

LEMBRADE QUE O PRAZO DE ENTREGA REMATA O VENRES, PERO SE HAI ALGÚN PROBLEMA COMUNICÁDEMO, POR FAVOR.

5º CURSO: ACTIVIDADES 18 A 22 DE MAIO

UNIT 2: A TWINNING PROJECT

Neste tema repasamos o uso do presente simple  verbo to be e os pronomes persoais de suxeito, ademáis de saber decir e preguntar a outros de onde son (COUNTRIES AND NATIONALITIES).
Ademais tamén recordamos o verbo CAN, nas formas afirmativa, negativa e interrogativa.

WHERE ARE YOU FROM? I am from Spain
WHERE IS SHE FROM? She is from Hawaii


Agora practica na seguinte ficha interactiva. Ao rematar preme en "terminado" e comproba os teus resultados. No apartado C lembra escribir a resposta completa, non esquezas os pronomes.
ESTA FICHA NON TES QUE ENVIALA


Verb to be, una ficha interactiva de evelinamaria
liveworksheets.com


TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar a ficha:


Se NON  tes posibilidade de imprimir:   Accede á ficha e copiaa nun folio para envialo despois.
Seguide a traballar cos CD-ROMs de  BUGS WORLD 5

LEMBRADE QUE O PRAZO DE ENTREGA REMATA O VENRES, PERO SE HAI ALGÚN PROBLEMA COMUNICÁDEMO, POR FAVOR.

4º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 18 A 22 DE MAIO

UNIT 2 : "SUPER SAMANTHA"

Neste tema aprendemos algunhas actividades de ocio e a dicir o que estamos facendo "neste momento".
I´m making a cake
I´m reading a comic
I´m drawing a picture
...
Colle o CD "STORIES AND SONGS" para cantar a canción e escoitar e ler a historia:




TAREFA PARA ENVIAR :

Esta semana toca fotos ou vídeo: elixe alomenos  tres das actividades (se queres podes facelas todas) do tema e, nunha foto ou vídeo, cóntanos o que estás facendo: "I´m making a cake".

Se queres que o publique, confirma cando o envíes:"SÍ, QUERO SAIR NO BLOG"

LEMBRADE QUE O PRAZO DE ENTREGA REMATA O VENRES, PERO SE HAI ALGÚN PROBLEMA COMUNICÁDEMO, POR FAVOR.

3º CURSO:SEMANA DO 18 A 22 DE MAIO

Comenzamos UNIT 2: "IT'S A WITCH"

Lembrades a historia de Annie cando visitou á sua familia en Halloween? Repasamos os nomes das prendas (CLOTHES), as cores (COLOURS) lembrade que van antes do nome ao que describen (a black hat, purple shoes, pink socks,...) e aprendemos a  describir o que levamos posto, coa frase: I´m wearing ...

I´m wearing a blue dress and green shoes (en plural non poñemos "a" se non dicimos "un zapatos verdes"!!!!)

Colle o CD "STORIES AND SONGS" para escoitar a canción e mais a historia:



Learn with Spike and Gracie. Repasa como describir o que levas posto:

TAREFA PARA ENVIAR: 

Foto ou vídeo describindo o que levas posto, como acabas de ver no vídeo anterior.
I´M WEARING...
Se prefires describir a outra persoa :
HE´S WEARING...  (masculino)
SHE´S WEARING... (feminino)

Se queres que o publique, confirma cando o envíes:"SÍ, QUERO SAIR NO BLOG"

LEMBRADE QUE O PRAZO DE ENTREGA REMATA O VENRES, PERO SE HAI ALGÚN PROBLEMA COMUNICÁDEMO, POR FAVOR.


2º CURSO:ACTIVIDADES SEMANA 18 A 22 DE MAIO

Comenzamos UNIT 2: " LET´S PLAY TANYA"
Lembrade que estudamos algunhas actividades de ocio como xogar ás cartas, escoitar música, ver a televisión,...
Colle o CD "STORIES AND SONGS" e escoita mentras ves as imaxes:


Repasa con Lucy:


TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw2_u2_fastfinishers.pdf

Na primeira ficha tes que completar os debuxos unindo os puntos, de xeito que salga algunhas das actividades que estudamos no tema.
Na segunda ficha tes que atopar e rodear as 5 diferencias entre as imaxes 1 e 2 e dicir en inglés cal é é (por exemplo: In 1 play cards, ...) Se queres, podes enviarme un vídeo para poder escoitarte.

Se NON  tes posibilidade de imprimir:  Elixe 1  exercicio das fichas de imprimir e copiao nun folio para facelo.

LEMBRADE QUE O PRAZO DE ENTREGA REMATA O VENRES, PERO SE HAI ALGÚN PROBLEMA COMUNICÁDEMO, POR FAVOR.

1º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 18 A 22 DE MAIO

UNIT 2: "THE MAGIC ELF"

Recordades o que aprendemos no tema 2 coa historia de Danny, o seu vello robot e o duende máxico? Pois os nomes dos xoguetes, repasamos as cores e algunhas accións: pecha os ollos, xira, salta, ...
Aquí vos deixo un vídeo coa historia do voso libro (esta vez animada!)



Agora repasa os nomes dos xoguetes (TOYS) con Colin. Lembra que tes que facelo moi rápido antes de que acabe de facer o debuxo.

  

TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:
Na primeira ficha tes que completar os debuxos coa parte que lles falta.
Na segunda ficha tes que rodear o xoguete que máis che guste de cada fila, colorear e dicir en inglés que é (por exemplo: red car, blue doll, ...) Se queres, podes enviarme un vídeo para poder escoitarte.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw1_u2_fastfinishers.pdf

Se NON  tes posibilidade de imprimir:  Elixe 1  exercicio das fichas de imprimir e copiao nun folio para facelo.

LEMBRADE QUE O PRAZO DE ENTREGA REMATA O VENRES, PERO SE HAI ALGÚN PROBLEMA COMUNICÁDEMO, POR FAVOR.




Friday 15 May 2020

SOLUCIONARIOS SEMANA 11 A 15 DE MAIO (TÓDOLOS CURSOS)


Hello again!
Xa fun contestando aos vosos emails durante a semana, vendo o voso traballo e tomando nota. Agora vós debedes correxilo comparando co solucionario. Da maioría dos erros xa vos daredes conta en canto os vexades, pero se hai algo que non entendades, por favor, preguntádeme.
NON É NECESARIO QUE ME ENVIEDES OUTRA VEZ AS TAREFAS CORREXIDAS.
Trátase de que aprendades dos erros. Só enviademe un correo se tedes dúbidas.
Deixo as solucións ás actividades para cada un dos cursos nos seguintes enlaces. Soamente tedes que premer no voso curso:

1º CURSO:      
  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/solucionario%201%C2%BA-15%20maio.pdf

2º CURSO:    
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/solucionario%202%C2%BA-15maio.pdf

3º CURSO:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/solucionario%203%C2%BA-15maio.pdf

4º CURSO:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/SOLUCIONARIO%204%C2%BA-15%20MAIO.pdf

5º CURSO:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/solucionario5%C2%BA-15maio.pdf

6º CURSO:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/solucionario6%C2%BA-15maio.pdf

Seguide moi atentos á páxina web do cole. Esta fin de semana hai un par de sorpresiñas!

Bicos

Sunday 10 May 2020

ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 DE MAIO

Hello again,
Antes de nada quero felicitarvos polos estupendos traballos da semana pasada.  Alicia está feliz por todas as vosas respostas (por certo, deixou un comentario para cada un de vos no apartado "comments") e por iso, animouse a gravar un novo vídeo dende a súa casa para que pasedes un momento divertido.
Podedes deixarlle comentarios a Alicia se vos gustou o vídeo ou clicar nas opcións : interesante-divertido-guay

Despois de ver o vídeo, coma sempre, deberedes acceder ás lapelas do voso curso onde vos deixo as tarefas para entregar esta semana.

 Lembrade escribir nome e curso ao enviar o correo.

Saturday 9 May 2020

What’s your favorite holiday?


Hi, watch my video to find out what’s my favorite holiday.  You can also tell me about your favorite holiday!





3º CURSO- ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 DE MAIO

Primeiro ides ver os dous vídeos de Bugs World 3: "Charlie´s new pen" e "What´s that noise?"





TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw3_u1_grammar.pdf

Se NON non tes posibilidade de imprimir:  Elixe 2 dos exercicios das fichas de imprimir e copiaos nun folio para facelos.

4º CURSO- ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 DE MAIO

Unit 1: Welcome back! Acompañamos a un grupo de nenos e nenas ingleses nunha xornada escolar:



TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw4_u1_mixedability.pdf


Se NON non tes posibilidade de imprimir:  Elixe 3 dos exercicios das fichas de imprimir e copiaos nun folio para facelos.


1º CURSO- ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 DE MAIO

Primeiro ides ver dous vídeos de Bugs World 1:




TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw1_u1_fastfinishers.pdf

Se NON non tes posibilidade de imprimir:  Elixe 1  exercicio das fichas de imprimir e copiao nun folio para facelo.
Lembrade repasar as cores en inglés ao colorear a Collin e dicir os nomes dos personaxes.

6º CURSO: ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 DE MAIO

No tema 1 estudamos o Presente continuo/ presente simple (está no cadro de gramática que vos deixei  no blog hai unhas semanas). Lembrade, no simple solo hai que engadir "s" ao verbo na terceira persoa de singular (she plays tennis) e empregar os auxiliares: DO/DOES na interrogativa e DON´T/DOESN´T na negativa (Mira os exemplos do cadro) e emprégase para accións que ocorren dunha forma habitual, mentres que o continuo (-ing) é para falar do que está a acontecer "neste momento" (I´m writting on my computer).
Repasa tamén os frequency adverbs.

Agora podes ver o vídeo e facer a seguinte actividade interactiva: (Non tes que enviala, corríxea ti mesm@.)



Present Simple vs. Present Continuous - Video


Present Simple vs. Present Continuous - Multiple Choice


TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw6_u1_mixedability_ex.pdf


Se NON non tes posibilidade de imprimir: Traballa no grammar booklet,
UNIT 1:  "The Bugs Band concert"(páxinas 2-3)

5º CURSO-ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 DE MAIO

No tema 1 estudamos o Presente simple (está no cadro de gramática que vos deixei  no blog hai unhas semanas). Lembrade, solo hai que engadir "s" ao verbo na terceira persoa de singular (she plays tennis) e empregar os auxiliares: DO/DOES na interrogativa e DON´T/DOESN´T na negativa (Mira os exemplos do cadro).

Agora podes facer a seguinte actividade interactiva: (Non tes que enviala, corríxea ti mesm@.)


Present Simple

TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións): Prestade moita atención ás indicacións.

- Se tes posibilidade de imprimir: preme nos seguintes enlaces para descargar as fichas.

- Recortable para compoñer frases (a segunda folla tedes que completala vós):
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw5_u1_cutout.pdf

- Práctica gramatical:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw5_u1_mixedability_ex.pdf

- Se NON non tes posibilidade de imprimir: Traballa no grammar booklet que tes na casa.
UNIT 1: Pop competition (páxinas 2-3)

Friday 8 May 2020

2º CURSO- ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 DE MAIO

Primeiro ides ver os dous vídeos de Bugs World 2. Podes cantar a canción co cempés. "The centipede song",  para repasar os números:



TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións)Prestade moita atención ás indicacións.

Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw2_u1_fastfinishers.pdf

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw2_u1_readingwriting.pdf

Se NON non tes posibilidade de imprimir:  Elixe 2 dos exercicios das fichas de imprimir e copiaos nun folio para facelos.
Lembrade repasar os nomes dos obxectos de clase.