Thursday 18 June 2020

REMATAMOS O CURSO. End of the school year. Enjoy the summer!

Estamos na última xornada do curso 2019-2020 que rematará mañá venres, 19 de xuño.
Un final de curso diferente ao que coñecíamos ata agora e que ningún de nós tiñamos vivido antes. Unha nova experiencia que nos aportou a todos novas aprendizaxes, diferente xeito de traballar, de relacionarnos e comunicarnos e tamén de ver a realidade, valorando todo aquelo do que desfrutabamos sen sabelo e que botamos en falta cando desapareceu do noso día a día, de repente: amigos, familiares, paseos... e seguramente tamén a escola.

Todos fixemos un esforzo enorme por adaptarnos á nova situación sen ter nada preparado, nin ensaiado e cos medios persoais que cada un puido aportar (familias e mestres, dende o confinamento). Creo que o resultado non foi tan mal, ainda que fose complicado e confuso para todos nun principio, polo que quero felicitar ás familias que realizaron un esforzo todo este tempo, acompañando aos vosos fillos neste proceso.

Esperamos unha volta ás aulas en setembro coa maior normalidade que nos sexa posible, ainda que con todas as medidas de seguridade para protexer a saúde de todos. Será diferente á escola que deixamos o día 13 de marzo, pero unha vez máis adaptarémonos e desfrutaremos da "nova normalidade".


SUMMER HOMEWORK:  

PLAY, SING, DANCE, SWIM, RUN, WALK, JUMP, SMILE, LAUGH... BE HAPPY AND ENJOY!

Desfrutade das vacacións de verán!
Enjoy the summer"
Big hug
Teacher

Sunday 14 June 2020

ÚLTIMAS ACTIVIDADES E SUXERENCIAS PARA O VERÁN

Estamos rematando e, como na pasada semana, xa non vos pido envío de tarefas (o que queirades enviar será voluntario).
Déixovos, de cara ao verán, algúns enlaces interesantes para o repaso de inglés nos distintos niveis. Os máis pequenos, elexide os que son básicamente de escoitar.

Premede para acceder e vós mesmos poderedes autocorrexir ao rematar o exercicio:

VOCABULARY:
https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=COLOURS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=numbers

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=body

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=animals

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=clothes

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=food

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=WEATHER

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=JOBS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=Daily+routines

GRAMMAR

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=TO+BE

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=PERSONAL+PRONOUNS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=THERE+IS

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=simple+present

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=SIMPLE+PAST

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=the+time

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=comparatives

LISTENING (PRACTICA A COMPRENSIÓN ORAL)

https://www.liveworksheets.com/search.asp?content=listening




Summer - multiple choice, an interactive worksheet by mada_1
liveworksheets.com
Non deixedes de visitar o blog!


Sunday 7 June 2020

ACTIVIDADES SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Xa solo quedan dúas semanas para rematar o curso e temos traballado e repasado unha boa parte dos contidos previstos. Os temas que quedaron sen ver retomarémolos o vindeiro curso, así que seguide a gardar os activity book, CD-ROM, cadernos e todo o material deste curso, porque serán necesarios en setembro.

A partir desta semana seguirei deixando actividades ou vídeos para repasar no blog, pero xa non teredes que enviar tarefas (excepto os que tedes algo pendente de envío).

Se alguén ten dúbidas é o momento de plantexalas ou se me queredes enviar algún traballo voluntario (Vídeo, descripción, diario da cuarentena, ....) podedes facelo. Tamén podedes acceder ás lapelas dos outros cursos e ver os vídeos, facer os xogos, repetir palabras, frases...

O alumnado de 6º podedes rematar os "booklets" de gramática. Tedes a explicación ao principio de cada novo tema e poderedes plantexarme as dúbidas que xurdan. Será un bo repaso de cara ao próximo comenzo de curso no instituto.

Ánimo que rematamos!

1º CURSO-SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Rematamos o tema 3 co repaso dos vídeos que vos deixo a continuación:

PARTS OF THE BODY- Conta as partes do corpo dos monstros:


NUMBERS- Repite os números con Collin



    Esta semana NON HAI TAREFA para enviar



2º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Rematamos o tema 3 co repaso do vocabulario e expresións dos vídeos que vos deixo a continuación:

NÚMEROS 10-20-Repite con Lucy

I'm going to the playground.

Esta semana NON HAI TAREFA PARA ENVIAR

3º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO

Rematamos o tema 3 . Déixovos uns vídeos para repasar:



Esta semana NON HAI TAREFA PARA ENVIAR

4º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO.

Rematamos o tema 3 repasando co vídeo que vos deixo a continuación. What are you doing?


Esta semana NON hai tarefa para enviar
Podes seguir traballando co CD-ROM

5º CURSO:SEMANA 8 A 12 DE XUÑO


Rematamos o repaso do tema 3 co seguinte vídeo: Adventure holiday!

Esta semana NON hai tarefa para enviar
Podedes seguir repasando co CD-ROM

6º CURSO: SEMANA 8 A 12 DE XUÑO


Rematamos o repaso do tema 3 co seguinte vídeo: What do you want to be?

Esta semana NON hai tarefa para enviar
Podedes seguir repasando co CD-ROM

Friday 5 June 2020

SOLUCIONARIO ÁS ACTIVIDADES DO 1 AO 5 DE XUÑO

Esta semana de 1º a 4º tivestes que enviarme vídeos para que puidera escoitar como vai ese inglés oral. Gustoume moito vervos e escoitarvos e teño que dicir que case todos me sorprendestes porque soaba moi ben.  Moi bo traballo, nen@s!

Os cursos 5º e 6º tivestes repaso con worksheets que podedes correxir no enlace que vos deixo a continuación. Volvo insistir en que debedes repasar os cadros de gramática a ler todo o que vos escribo no blog, antes de lanzarvos a polas tarefas sen máis.

5º curso:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/BW5-U3-ex_001CHECKED_0.pdf

6º curso:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/BW6-U3-ex_001-CHECKED_0.pdf