Monday, 30 March 2020

NOVAS ACTIVIDADES -SEMANA 30 MARZO-3 ABRIL

Hello again!
Unha semana máis sen poder vernos no cole, así que toca seguir repasando contidos do segundo trimestre con medios dixitais.

Ante todo, quero transmitir o noso apoio dende o centro e que teñades en conta que o primeiro é a situación familiar de cada quen, así que sin agobios, ide facendo o que poidades. NON HAI QUE FACELO TODO O PRIMEIRO DÍA! A maior parte das actividades de inglés son xogos ou vídeos.

Moito ánimo! Este venres, 5 de abril comenzarían as vacacións de semana santa e xa non teredes tarefas de inglés ata o martes 14 de abril en que comenzaremos co terceiro trimestre, xa con novos contidos. Aproveitade esta ocasión para achegarvos ás tarefas escolares dun xeito novo e divertido, como outra forma de comunicarvos cos profes dende a casa, resolver dúbidas cando xurdan, comentar canto vos gusta unha actividade ou o difícil que vos parece a outra, ...
Mentres tanto, para organizar un pouco as tarefas, nas lapelas de arribabuscade o voso curso e premede para acceder.
No seguinte enlace podedes consultar a programación da TV dos xoves, cando tratan a materia de inglés:
https://aschansenglish.blogspot.com/search/label/PROGRAMACI%C3%93N%20TV
Lembrade que ademáis dos vídeos e xogos interactivos que vos deixo, tamén hai unha ficha con algunha actividade sinxela que tedes que enviar ao meu e-mail (costa@edu.xunta.es) antes do venres 5 de abril, indicando no asunto o voso nome e curso. Queda toda unha semana por diante.
Ánimo e forza para as familias. Espero que nos volvamos ver canto antes.

Deixovos un xogo interactivo sobre a Pascua (Easter)
Preme na imaxe para xogar

HAPPY EASTER! BIG HUG AND LOTS OF KISSES!!!

REMEMBER: 
STAY AT HOME!
Descarga para colorear
Queda na casa, todo vai sair ben!
Teacher

No comments:

Post a Comment