Monday, 20 April 2020

ACTIVIDADES SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Comenzamos unha semana máis de traballo virtual. Como en anteriores ocasións, cada curso debe acceder á sua lapela na cabeceira do blog.

Como seguramente moitos de vós estades preparando a actividade proposta pola biblioteca, da que vos informaron os vosos titores, para o día do Libro o vindeiro 23 de abril, as tarefas de inglés van ser un pouco máis lixeiras esta semana para non sobrecargarvos de traballo.

Lembrade que o curso escolar non rematou e as tarefas deben realizarse e enviarse como se estivesemos na escola, salvo en casos de forza maior que me comuniquedes, para o que teríamos que buscar outro sistema. Haberá un rexistro e unha avaliación do voso traballo.

As familias tedes unha parte moi importante de responsabilidade neste momento, xa que a maioría dos nenos non son quen de facer o envío por si mesmos, aspecto que tamén temos en conta o profesorado. Queremos facilitarvos ó máximo este acompañamento aos vosos fillos e o noso alumnado, nesta situación que non é fácil nin cómoda para ninguén, pero debemos afrontar coa mellor vontade.

Volvo insistir unha vez máis: poñede, por favor, SEMPRE no asunto nome e curso (non poñades: tarefas de inglés, actividades, deberes, ...). O alumnado de toda primaria son 68 alumn@s de seis cursos diferentes e na caixa de correos van chegando todos mesturados e sen un orde concreto.É un xesto moi sinxelo pola vosa parte e a min facilitame enormemente a organización. GRAZAS.

Un saúdo.

No comments:

Post a Comment