Monday 27 April 2020

ACTIVIDADES SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Esta semana vai ser un pouco máis curta, pois o venres 1 de maio é festivo e como tedes unha proposta de actividade común (Os maios), dende a clase de inglés non teredes tarefas para enviar, aínda que si vos vou deixar cousiñas novas nos apartados de cada curso (vídeos, xogos,...), para que vaiades repasando.

Espero que todos os que poidades participedes deste proxecto común que se vos plantexa dende a páxina web do centro. Alí tedes todas as instruccións sobre como facelo. Esta vez é moito máis sinxelo, pois agora que temos o whatssap do cole, solo hai que facer a foto ou vídeo e enviala dende o teléfono móbil, Non tedes que escribir nada máis, solo enviar ao seguinte número: 
           
635 111 989
Enlace á web:

LEMBRADE QUE ESTE NÚMERO SOLO É PARA ESTE TIPO DE ACTIVIDADES, NON PARA ENVIAR OS DEBERES!


Seguide moi atentos ao blog...creo que hai alguén que ten unha sorpresiña para vós ao longo desta semana.

Enjoy!

No comments:

Post a Comment