Pola miña parte, tratarei de presentar actividades lúdicas e baseadas en aspectos xa vistos na aula, polo que vos vai resultar moi fácil. O ensino dunha lingua inclúe varias destrezas: escoitar, comprender, ler, escribir, falar polo que faremos actividades variadas, onde primará o audiovisual, para tratar de avanzar en todos estes aspectos (listening, reading, writing, speaking)
En canto ao envío de traballos, reduciranse ao mínimo e ofrecereranse mecanismos de autocorrección ou actividades on line. O e-mail estará igualmente á vosa disposición para dúbidas ou o envío voluntario de calquera tarefa, fotos, videos, ....
Pídovos ás familias que se existen circunstancias particulares que vos impidan seguir as ensinanzas por este método a distancia, mo fagades sabes a través do e-mail costa@edu.xunta.es, para buscar algunha solución e que os vosos fillos non queden descolgados do ensino. É moi difícil programar adecuadamente actividades para 68 alumnos de distintos niveis sen coñecer as circunstancias de cada un.
Así que a primeira tarefa do trimestre será que TODOS me enviedes un e-mail de saúdo; por favor, co voso NOME E CURSO NO ASUNTO e un par de frases de información das vosas situacións persoais en canto as posibilidades de seguimento das clases. Se pode ser, facedeo antes do luns para poder comenzar coas actividades.
Exemplo:
Para: costa@edu.xunta.esAsunto: Hello! Pepito Pérez- 4º curso.
- Bo día, na casa non temos internet, polo que nos é imposible seguir as clases.
- Non temos ordenador.
- Non temos ningún problema en seguir as tarefas a través do blog e envialas ao e-mail.
- Podemos contestar dende o móbil pero non sei como enviar as tarefas...
ou calquera outra dúbida, suxerencia, preocupación,...que vos parezca importante.
A partir desta información irei contestando un a un, para poder atender de forma individualizada a cada alumno do mellor xeito posible.
Tamén preciso que me confirmedes que todos tedes os dous discos que acompañaban os libros de texto: "stories and songs" e "CD-ROM " de xogos interactivos, pois serán moi útiles nesta situación, xa que as carpetas de inglés quedaron na clase.
Un saúdo.
Begoña.
No comments:
Post a Comment