UNIT 2: "THE MAGIC ELF"
Recordades o que aprendemos no tema 2 coa historia de Danny, o seu vello robot e o duende máxico? Pois os nomes dos xoguetes, repasamos as cores e algunhas accións: pecha os ollos, xira, salta, ...
Aquí vos deixo un vídeo coa historia do voso libro (esta vez animada!)
Agora repasa os nomes dos xoguetes (TOYS) con Colin. Lembra que tes que facelo moi rápido antes de que acabe de facer o debuxo.
TAREFA PARA ENVIAR (hai dúas opcións): Prestade moita atención ás indicacións.
- Se tes posibilidade de imprimir: preme no seguinte enlace para descargar as fichas:
Na primeira ficha tes que completar os debuxos coa parte que lles falta.
Na segunda ficha tes que rodear o xoguete que máis che guste de cada fila, colorear e dicir en inglés que é (por exemplo: red car, blue doll, ...) Se queres, podes enviarme un vídeo para poder escoitarte.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesanbartolome/?q=system/files/bw1_u2_fastfinishers.pdf
- Se NON tes posibilidade de imprimir: Elixe 1 exercicio das fichas de imprimir e copiao nun folio para facelo.
LEMBRADE QUE O PRAZO DE ENTREGA REMATA O VENRES, PERO SE HAI ALGÚN PROBLEMA COMUNICÁDEMO, POR FAVOR.
No comments:
Post a Comment