HELLO!
Comenzamos esta semana o repaso dun novo tema en tódolos cursos: UNIT 2.
Seguimos a repasar os contidos do primeiro e segundo trimestre. Espero que vos estén resultando fáciles, pois xa non son novidade para vós.
Hai unha explicación ao comenzo da entrada para lembrar os contidos. POR FAVOR, non vaiades directamente á ficha que hai que descargar para facela antes de nada. Se eu tomo o meu tempo para seleccionar as imaxes, xogos interactivos e explicacións gramaticais, vós debedes facer o mesmo esforzo en ler todas as instruccións co mesmo coidado.
Lembrade que o sistema de traballo segue a ser o mesmo: publícanse as actividades semanais os luns para tódolos cursos e tedes toda a semana para ir enviando. Procurade ser puntuais e facer a entrega das tarefas o venres antes de que publique o solucionario, que retrasarei ao final do día para darvos un pouco máis de marxe.
Se alguén ten problema para entregalo en prazo por algunha razón, agradezo que o comuniquedes a través do e-mail.
Coma sempre, agora teredes que acceder ás lapelas do voso curso.
Have a nice week!
Teacher.
No comments:
Post a Comment