Esta semana todos imos rematar o tema 2, así que poñede moita atención ás actividades de repaso para que non quede ningunha dúbida e sigamos avanzando.
Accedede á lapela do voso curso e despois de ver os vídeos ou explicacións que vos deixo, facede as actividades onde pon: TAREFA PARA ENVIAR.
ATENCIÓN: Nas últimas semanas, algúns de vós estades enviándolle as tarefas de inglés á profe Begoña de música, coa conseguinte carga de traballo para ela, pois ten que volver a enviarme a min os correos. Supoño que a confusión ven porque temos o mesmo nome.
Lembrade: e-mail de inglés: costa@edu.xunta.es
No comments:
Post a Comment