Monday, 4 May 2020

ACTIVIDADES SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Comenzamos o mes de maio con novas tarefas. Xa que non vos pedín ningún traballo para enviar a semana anterior, vou deixarvos que esta vez elixades vos o que preferides facer, dependendo do voso nivel, gustos ou posibilidades, pero TODOS debedes enviarme algo.

Alicia preparou para vos un pequeno vídeo sobre o seu animal favorito. Explícanos algunhas cousas: o seu nome en inglés, as partes do corpo, cómo é, canto mide, qué come... e outras curiosidades. E quere que vos tamén lle contedes algo sobre animais.

TAREFA PARA ENTREGAR (TODOS):
Propoño algunhas ideas para o voso traballo, pero non tedes por qué escoller unha destas obrigatoriamente. Se tedes unha mellor, máis orixinal, adiante:

- OPCIÓN 1: Unha ficha descriptiva do voso animal favorito ou do animal favorito de Alicia. Busca información e completa unha ficha. Exemplo(Podes engadir máis datos):

- OPCIÓN 2: Unha foto ou debuxo do voso animal favorito (pode ser a vosa mascota) con comentarios en inglés. (This is Toby, my dog)... Os máis pequenos non o teñen que escribir, pero poden dicir o nome do animal mediante vídeo.



This is Laly, my cat. She has got blue eyes

- OPCIÓN 3: Disfrázate dun animal e descríbete en primeira persoa (Hello, I´m a cat, I like fish) Foto ou vídeo.

 



- OPCIÓN 4:  Un texto descriptivo do animal, contando algunha curiosidade ( Interesting animal facts) Please, do no copy literally from internet. Use your own words.


Aquí vos deixo un pouco máis de axuda :

Hai opcións para as distintas idades e niveis (Elixir unha).

Aos de 5º xa vos pedín a descripción do voso animal favorito. Agora debedes facer algo distinto (imaxinación)! 

Espero todos os vosos traballos no meu e-mail ata o venres 8.

No comments:

Post a Comment