Xa solo quedan dúas semanas para rematar o curso e temos traballado e repasado unha boa parte dos contidos previstos. Os temas que quedaron sen ver retomarémolos o vindeiro curso, así que seguide a gardar os activity book, CD-ROM, cadernos e todo o material deste curso, porque serán necesarios en setembro.
A partir desta semana seguirei deixando actividades ou vídeos para repasar no blog, pero xa non teredes que enviar tarefas (excepto os que tedes algo pendente de envío).
Se alguén ten dúbidas é o momento de plantexalas ou se me queredes enviar algún traballo voluntario (Vídeo, descripción, diario da cuarentena, ....) podedes facelo. Tamén podedes acceder ás lapelas dos outros cursos e ver os vídeos, facer os xogos, repetir palabras, frases...
O alumnado de 6º podedes rematar os "booklets" de gramática. Tedes a explicación ao principio de cada novo tema e poderedes plantexarme as dúbidas que xurdan. Será un bo repaso de cara ao próximo comenzo de curso no instituto.
Ánimo que rematamos!
No comments:
Post a Comment