Thursday 18 June 2020

REMATAMOS O CURSO. End of the school year. Enjoy the summer!

Estamos na última xornada do curso 2019-2020 que rematará mañá venres, 19 de xuño.
Un final de curso diferente ao que coñecíamos ata agora e que ningún de nós tiñamos vivido antes. Unha nova experiencia que nos aportou a todos novas aprendizaxes, diferente xeito de traballar, de relacionarnos e comunicarnos e tamén de ver a realidade, valorando todo aquelo do que desfrutabamos sen sabelo e que botamos en falta cando desapareceu do noso día a día, de repente: amigos, familiares, paseos... e seguramente tamén a escola.

Todos fixemos un esforzo enorme por adaptarnos á nova situación sen ter nada preparado, nin ensaiado e cos medios persoais que cada un puido aportar (familias e mestres, dende o confinamento). Creo que o resultado non foi tan mal, ainda que fose complicado e confuso para todos nun principio, polo que quero felicitar ás familias que realizaron un esforzo todo este tempo, acompañando aos vosos fillos neste proceso.

Esperamos unha volta ás aulas en setembro coa maior normalidade que nos sexa posible, ainda que con todas as medidas de seguridade para protexer a saúde de todos. Será diferente á escola que deixamos o día 13 de marzo, pero unha vez máis adaptarémonos e desfrutaremos da "nova normalidade".


SUMMER HOMEWORK:  

PLAY, SING, DANCE, SWIM, RUN, WALK, JUMP, SMILE, LAUGH... BE HAPPY AND ENJOY!

Desfrutade das vacacións de verán!
Enjoy the summer"
Big hug
Teacher

No comments:

Post a Comment