Monday, 30 March 2020

NOVAS ACTIVIDADES -SEMANA 30 MARZO-3 ABRIL

Hello again!
Unha semana máis sen poder vernos no cole, así que toca seguir repasando contidos do segundo trimestre con medios dixitais.

Ante todo, quero transmitir o noso apoio dende o centro e que teñades en conta que o primeiro é a situación familiar de cada quen, así que sin agobios, ide facendo o que poidades. NON HAI QUE FACELO TODO O PRIMEIRO DÍA! A maior parte das actividades de inglés son xogos ou vídeos.

Moito ánimo! Este venres, 5 de abril comenzarían as vacacións de semana santa e xa non teredes tarefas de inglés ata o martes 14 de abril en que comenzaremos co terceiro trimestre, xa con novos contidos. Aproveitade esta ocasión para achegarvos ás tarefas escolares dun xeito novo e divertido, como outra forma de comunicarvos cos profes dende a casa, resolver dúbidas cando xurdan, comentar canto vos gusta unha actividade ou o difícil que vos parece a outra, ...
Mentres tanto, para organizar un pouco as tarefas, nas lapelas de arribabuscade o voso curso e premede para acceder.
No seguinte enlace podedes consultar a programación da TV dos xoves, cando tratan a materia de inglés:
https://aschansenglish.blogspot.com/search/label/PROGRAMACI%C3%93N%20TV
Lembrade que ademáis dos vídeos e xogos interactivos que vos deixo, tamén hai unha ficha con algunha actividade sinxela que tedes que enviar ao meu e-mail (costa@edu.xunta.es) antes do venres 5 de abril, indicando no asunto o voso nome e curso. Queda toda unha semana por diante.
Ánimo e forza para as familias. Espero que nos volvamos ver canto antes.

Deixovos un xogo interactivo sobre a Pascua (Easter)
Preme na imaxe para xogar

HAPPY EASTER! BIG HUG AND LOTS OF KISSES!!!

REMEMBER: 
STAY AT HOME!
Descarga para colorear
Queda na casa, todo vai sair ben!
Teacher

Saturday, 28 March 2020

1º- UNIT 4: "RUN, RUN, RUN" (animals)

Seguimos a repasar o tema 4. Lembrades a historia? Déixovos un video para que practiquedes os diálogos:
- Giraffe! the lion is coming!
Agora podedes xogar con Collin a adiviñar os animais:


TAREFA PARA IMPRIMIR (OPCIONAL): 







2º- UNIT 4: "THE OLD HOUSE" (house and family)

Lembrades a historia de Felix the cat? E as partes da casa? Revisade os videos para axudar a Lucy a saber where´s butterfly? e coñecede a Lucy´s family:


TAREFA PARA ENTREGAR: 



Podedes empregar formatos de word, pdf ou incluso facer unha foto ao voso traballo e adxuntala no correo. Non esquezades poñer no asunto nome e curso. Tedes de prazo ata o venres.

Se alguén non ten posibilidade de imprimilas, pode facer un debuxo, foto ou vídeo da familia e contar quen é quen (en inglés, claro!) This is my mum, Rosa


3º - UNIT 4: "I´M VERY HUNGRY" (at the restaurant, food)

Lembrades a historia ? No seguinte video podedes ver a uns nenos na school canteen
Sing the song:
Repasa con Spike e Gracie:

TAREFA PARA ENTREGAR: 

Podedes empregar formatos de word, pdf ou incluso facer unha foto ao voso traballo e adxuntala no correo. Non esquezades poñer no asunto nome e curso. Tedes de prazo ata o venres.


Se alguén non ten posibilidade de imprimilas, pode facer un debuxo e mandar foto ou vídeo.




4º- UNIT 4: "QUICK, SARAH QUICK!" (shopping, what time is it?)

Comenzamos con videos para repasar os nomes das tendas (greengrocer´s, supermarket, sweet shop, butcher´s, baker´s, newsagents, toyshop, pet shop) e os diálogos que empregamos to go shopping
- Can I have some..., please?
- Here you are.
- How much is that?

Now learn with Spike and Gracie:
e xa solo nos queda repasar as horas para rematar co tema: 
LEMBRA:
Preme no seguinte enlace para practicar as horas:

TAREFA PARA ENTREGAR: 



Podedes empregar formatos de word, pdf ou incluso facer unha foto ao voso traballo e adxuntala no correo. Non esquezades poñer no asunto nome e curso. Tedes de prazo ata o venres.

5º- UNIT 4: "THE AMAZING PET" (animal description, Present Simple, DO-DOES)

Remember: Spiders have got eight legs, a bat has got two wings and it flies, Does the eel live in the garden? No, it doesn´t.
Watch the video:

Animal world, an interactive worksheet by mada_1
liveworksheets.com


Tarefa para entregar: MY AMAZING PET: Write about an animal you like, describe it and talk about some amazing animal facts (50-60 words). 


Podedes empregar formatos de word, pdf ou incluso facer unha foto ao voso traballo nun folio (moi importante a presentación) e adxuntala no correo. Non esquezades poñer no asunto nome e curso. Tedes de prazo ata o venres.


Friday, 27 March 2020

6º- UNIT 4: TALENT COMPETITION (hobbies and leisure activities, TV programmes, like+-ING, schools)

Remember: - Do you like watching films?
 - No, I don´t,  but I like going shopping

Watch the video:

Tarefa para entregar: SCHOOL EXCHANGE: Write an email talking about you, for your "american friend" in a school exchange (50-60 words)
pupil´s book page 35 (have a look, don´t copy!)

Podedes empregar formatos de word, pdf ou incluso facer unha foto ao voso traballo ou mesmo gravar un vídeo contándome os vosos likes e dislikes, e adxuntalo no correo. Non esquezades poñer no asunto nome e curso. Tedes de prazo ata o venres.


Thursday, 26 March 2020

PROGRAMACIÓN INGLÉS TVE2 E CLAN

Lembrades que na televisión hai uns programas do Ministerio de Educación en que cada día tratan varias materias escolares?
Os xoves é o turno das áreas de lingua castelá e inglés.
Aquí vos deixo a programación semanal con horarios e temas a tratar. Son moi interesantes e enténdese moi ben os vídeos. Facede a proba.





Friday, 13 March 2020

ACTIVIDADES PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS (POR CURSOS)

Debido á necesidade de pechar os centros escolares como medida contención da pandemia do COVID19, ordenada pola Consellería de educación, recoméndase a realización dende a casa de algunhas actividades neste período de 14 días, para non esquecer o aprendido nos últimos meses.

De xeito xeral, para todos os cursos de 1º a 6º de E.P.:
Práctica dos xogos interactivos do CD-ROM, que todos deben ter na casa, para repaso das unidades estudadas ata o momento, do seu libro de texto BUGS WORLD.
No caso de que algún alumno non o teña, tamén poden acceder nos seguintes enlaces:


Podedes repasar o vocabulario, como facedes tódolos días na clase. Xa sabedes, tedes 1 minuto para 40 palabras (hai que chegar a parrot):


Podedes repasar o vocabulario, como facedes tódolos días na clase. Xa sabedes, tedes 1 minuto para 34  palabras (hai que chegar a Felix the cat): :


Se á volta queredes representar o role play At the restaurant, ide practicando. Na barra esquerda deste blog hai varias entradas con este nome



Se á volta queredes representar o role play Shopping, ide practicando. Na barra esquerda deste blog hai varias entradas con este nome



Estabamos a falar de animais "The amazing pet". Podes visitar o zoo de San Diego e aprender moito sobre distintos animais: size, food, habitat,...(click on the picture)



No tema que estamos a rematar temos información sobre as escolas no Reino Unido (Schools in the U.K)



Aquí tedes o enlace que me facilitou a editorial Macmillan, coa que traballamos en primaria. Os pais ou titores solo tedes que escribir un email e un contrasinal para entran. Hay moitísimos recursos moi interesantes:


Para 1º e 2º: Na barra esquerda tedes algúns contos (TALES), xogos (GAMES) e cacións (SONGS) para repasar vocabulario e facer traballar o oído.
Para 3º, 4º, 5º e 6º: Tedes un apartado (GRAMMAR AND RESOURCES) onde atoparedes actividades e xogos interactivos básicos, que non está de máis repasar: pronouns, to be, have got, there is/are, Question words ...

IMPORTANTE: Se tedes algunha dúbida, tanto alumnado como familias, podedes preguntarme no apartado de comentarios deste blog, que revisarei e contestarei diariamente. Cando escribades decide, por favor, nome e curso do alumn@ para saber con quen estou a falar.
Un saudiño e ánimo! Xa queda menos!
The teacher






Monday, 2 March 2020

Hawaiana, amante do pulpo e profesora de inglés en Vilanova

Alicia Ortiz, a nosa auxiliar de conversa, é protagonista dunha ampla entrevista no Faro de Vigo.
Preme na imaxe para acceder á noticia